Actualidade
Melide, precisamos axuda!
Nas últimas semanas, a prensa fixo eco do problema existente na Coral Polifónica de Melide: a falta de voces, principalmente masculinas.
Nos inicios da agrupación, alá polo ano 1982, a maior parte dos coristas non pasaban dos 50 anos. Hoxe, tristemente, ocorre ao revés.
E non só iso. Co paso do tempo, foron moitos os compañeiros e compañeiras que, por diversas causas, abandonaron a Coral, un proxecto que comezou con máis de 70 voces e que agora se sitúa arredor das 30.
Por iso, hoxe máis que nunca, pedimos a vosa axuda.
Melide sempre respondeu á chamada desta Coral, algo polo que estaremos eternamente agradecidos, e agora, unha vez máis, precisámosvos para non deixar de cantar todos xuntos.
Non buscamos grandes voces, senón persoas con ilusión e compromiso que axuden a manter vivo este proxecto que naceu por e para o pobo de Melide.
Se queres unirte á Coral, podes contactar con nós pinchando a palabra CORAL.
Grazas!
A coral na prensa
O xornal Cerne fai eco do proceso de captación de novos membros da Coral Polifónica de Melide.