A Semana da Música da Terra de Melide voltou despois da pandemia 😷 da Covid 19. Nas dúas últimas fins de semana do mes de novembro, como é tradición, celebrouse a Semana da Música no centro sociocultural Mingos de Pita, mais existiu unha diferenza insólita, todos/as os/as asistentes e grupos levaban máscara.
A pandemia que paralizou o mundo durante o ano 2020 fixo imposíbel a realización do festival, ao igual que se tiveron que cancelar todos as actividades culturais, deportivas, pechar negocios... Malia a intención de realizar unha edición especial no ano 2020, o aumento de casos levou a suspender a convocatoria.
Esta trixésimo primeira edición marca un antes e un despois, recupera a música en directo dos grupos da contorna e significou esperanza, ante a posibilidade de retomar tradicións. Como dato a destacar, o 2020 foi o único ano dende o comezo do festival no que non se puido realizar ningun acto.
A incorporación de Xisela Garea García, de tan só 12 anos e cunha impresionante voz marcou outro fito na Semana da Música, ao tratarse da solista mais nova en unirse a familia do festival e actuar en solitario no Centro Sociocultural Mingos de Pita.