As dúas últimas fins de semana do mes de novembro foron seleccionadas para o desenvolvemento da trixesimo segunda edición da Semana da Música da Terra de Melide.
Nesta edición, dedicada a Javier Rodríguez, incorporouse a familia do festival o grupo de rock KASE7E, unha banda xuvenil de mozos melidenses, demostrando así como todos os tipos de música teñen cabida neste certame musical. Tanto é así, que compartiron escenario o venres 18 con outro grupo de rock, Cuarta Xusta, sendo esta a súa segunda participación. Ademais, esta xornada evidenciou o potencial da xuventude melidá, posto que ningún dos integrantes das tres agrupacións participantes neste primeiro día superaban os 30 anos de idade.
Suso Ascariz acudiu de novo a facer o seu expectáculo de gaita en solitario, os solistas Xoán e Irene demostraron de novo o poder da súa voz, Herba Grileira a magnitude da súa escola, ou A Maristela, que sigue sorprendendo polo numeroso e diferente do seu concerto.
Nesta edición a Coral Polifónica de Melide decidiu lembrar a figura de Javier do Aceiteiro, membro e impulsor da Coral falecido o 1 de agosto deste ano. A figura de Javier foi diversa no eido musical melidá, xa que como alcalde do Concello de Melide durante 10 anos (1976-1987), fomentou a cultura da vila sendo unha das súas propostas a creación da Coral Polifónica de Melide, ao igual que o alentador e promotor do himno da vila.
Ademais, dende a fundación desta entidade, foi socio e presidente da mesma en varias ocasións, rematando o seu último mandato 6 meses antes do seu pasamento.
Javier, sin saber ainda que en poucos meses deixaría definitivamente aos seus veciños, despediuse da súa segunda familia e da vila a que él tanto amou na XXXI Semana da Música, sendo o seu derradeiro concerto no mes de maio dese mesmo ano en Coristanco.
Pola súa firme aposta coa cultura melidense, en especial coa coral polifónica e tamén pola súa acción dende a directiva da entidade, decidiuse lembrar a súa figura e así recoñecer o seu esforzo, poñendo fin a unha etapa da entidade.