A Coral Polifónica de Melide sempre gardou relación co mundo eclesiástico. Tanto é así, que ante a carencia de outro espazo para actuar nos primeiros anos e tamén no tempo de construción da nova Casa da Cultura, o párroco de Melide, Don Antonio Mourelle, e posteriormente José Manuel Melle, cederon a Igrexa Parroquial de Melide para a realización da Semana da Música e outros actos da asociación. Por outra banda, o primeiro director era crego, o que fixo que esta asociación adquirira numeroso repertorio para misas e actos relixiosos, aspecto que foi en aumento durante os mais de 40 anos de actividade da coral, destacando a gravación e concerto da Misa Alemá de Franz Schubert no ano ....
Durante o noso percorrido musical, un dos actos mais tradicionais que contan coa participación da Coral Polifónica de Melide é a misa solemne de Corpus Christi. Tamén, en tempos pasados, actuamos no día da Inmaculada Concepción, ao igual que noutras festividades relixiosas. Non se pode esquecer que outra das actuacións mais especiais é nas festas do San Roque, que non só é unha verbena senón unha festividade eclesiástica.
Todo isto resume que a esta coral participa en todo-los ámbitos da vida do pobo de Melide, onde a colaboración con empresas, institucións ou coa igrexa fan posibles as nosas actuacións. No tecido musical de Melide, outros cregos como o Padre Jorge destacaron pola súa labor na creación de grupos como o "Coro de las Hijas de María" ou "Froito Novo".