A Coral Polifónica de Melide publicou con motivo dos seus 25 anos un libro no que se recolle a andaina da entidade dende o ano 1982 ata o 2007. Esta publicación recolle os seus pasos mais importantes e inclúe unha fonda lembranza a aquelas persoas e grupos que pasaron pola vida da institución, dende os seus directores (con testimonios de Don Uxío e Don Valeri), pasando polos grupos participantes nas diferentes edicións da Semana da Música. Inclúe numerosas fotografías dos momentos mais relevantes para a agrupación. Algunha destas fotografías pódense consultar na hemeroteca dixital desta web.
Para a publicación deste libro, a Coral Polifonica de Melide contou co apoio da Imprenta Provincial da Coruña e do Concello de Melide, editando un millar de exemplares.