A música habanera forma parte do repertorio da Coral Polifónica de Melide dende fai moitos anos. En 2013, a directiva daquel momento propón a agrupación a creación dun certame de música habanera, coa finalidade de traer otro tipo de melodías non tan habituais na comarca, ademais da vontade de compartillar experiencias con outras aggrupacións. Este festival, denominado "Camiño de Santiago", leva 9 edicións amenizando un sábado do mes de maio ou xuño na vila de Melide.
Nas últimas edicións, iniciaron o patrocinio do festival empresas da zona como: Talleres Varela, CLM (Leonardo Miguelez), Hotel Carlos 96, Muebles Paula, Romero, Espomasa, Ribeirao, Meligraf, Vilela Electricidade, Mobles Ares, CC Xestión ou Verbena FM. A todos estes, xunto co Concello de Melide, a Deputación da Coruña a través da rede cultural, o Museo Terra de Melide e as asociacións Arume e Catasol, agradecerlles o seu compromiso con esta entidade musical, que ten como único fin levar o nome da súa vila por alí onde vaia.
Carteis das edicións anteriores: