A Rede Cultural é un método de intercambio de agrupacións musicais e culturais creado pola Deputación da Coruña para o fomento da cultura na provincia mediante a financiación de espectáculos musicais e culturais polo ente provincial. Esta iniciativa axuda a numerosas asociacións e agrupacións a participar en festivais noutras vilas nas que fose solicitada, ao igual que axuda para que outras corais veñan as distintas actividades que se organizan por parte da entidade en Melide.
A continuación, un listado das agrupacións coas que se colaborou e se realizaron intercambios mediante a Rede Cultural:
2025: Coral Polifónica Aires de Carral (14/06 en Melide e .... en Carral), Coro Mayores Telefónica Coruña (14/06 en Melide e 18/10 en Coruña), Coral Polifónica de Mera-Oleiros (3/04 en Mera (Non se asiste), 13/12 en Melide), Agrupación Coral Endesa-As Pontes ( 5/07 en As Pontes), Asociación Cultural e Musical Solfa ( 21/06 en Santiago)
2023: Orfeón de Arteixo, Coral Polifónica Eumesa, Coral Polifónica de Culleredo, Sociedade Cultural e Deportiva Faro de Montealto.
2022: Coral Polifónica de Bugallido, Coral Polifónica Ferrolana "A Magdalena" e Coral Polifónica de Cambre.
2021 e 2020: NON EXISTEN ACTUACIÓNS POR MOR DA PANDEMIA COVID 19.
2019: Coro Polifónica Sporting Club Casino da Coruña, Coral Costumes de Bergondo e Coral Polifónica Armonía de Ferrol.