Nos tempos de nadal son típicas as panxoliñas🎄. A Coral ven organizando dende fai mais de 20 anos un festival no mes de decembro para rematar o ano, celebrar as festas e xuntarse con outras asociacións amigas.
Na edición correspondente ao 2024, participaron coa Coral Polifónica de Melide a "Agrupación cultural e musical Solfa" de Santiago e o Orfeón Xoán Montes de Lugo, con quenes desfrutamos dunha fermosa tarde musical! 🎶
Para o desenvolvemento desta actividade, a Coral Polifónica de Melide conta co apoio da Exma. Deputación da Coruña mediante a Rede Cultural e do Concello de Melide, cedendo as instalacións do Centro Sociocultural Mingos de Pita. Tamén colaborou o Centro de Estudos Melidenses, ao que se lle agradece a súa inestimábel axuda nos eventos que a nosa agrupación realiza.
O festival en imaxes: