A trixésimo-terceira edición da Semana da Música da Terra de Melide chegou con novidades. Por primeira vez na historia do festival, as actuacións mudaron de día e ora. Por unha banda, elimináronse os venres de actuacións musicais, engadindo outra fin de semana para seguir desfrutando de 6 días de música ao vivo. Ademais, realizouse unha mudanza na ora, pasando das 20:30 horas das anteriores edicións as sete da tarde.
No que respecta ao ámbito musical, Fol da Chousa, un grupo formado por rapaces de Visantoña e arredores, uniuse a familia da Semana da Música.
Da mesma maneira, a cantautora melidá Nadia Sniba, de familia recoñecida musicalmente na contorna, actuou por primeira vez no contexto desta festa musical da comarca.
Xisela Garea volveu ao escenario do centro sociocultural Mingos de Pita, retomando así a andaina iniciada con só 12 anos no 2021 e demostrando a súa valentía ao enfrontarse en solitario a este reto con tan pouca idade, marabillando ao público coa súa voz. Xunto a ela, iniciaron camiño neste certame as súas compañeiras Antía Varela Maña e Eva Vázquez Prieto, tamén alumnas da profesora de canto do conservatorio de Melide Alba López Trillo.
Cuarta Xusta consolidouse, coa súa segunda participación, ao igual que Suso Ascariz. Outros grupos como Os Melidaos continuaron co seu compromiso coa música melidá e coa coral, ao ser das agrupacións con mais percorrido no certame.
A todas e cada unha das persoas que fixeron est posible un ano mais, grazas. A continuación, deixamos un pequeno resumo fotográfico.