Actualidade
Moi pronto, en menos de 15 días, subirán ao escenario os primeiros grupos participantes na trixesimo sexta edición da Semana da Música da Terra de Melide.
Ademais, este ano afondaremos sobre a historia musical e cultural das festas do San Roque.
Esperámosvos, coma sempre, no Centro Sociocultural Mingos de Pita.
Melide, precisamos axuda!
Nas últimas semanas, a prensa fixo eco do problema existente na Coral Polifónica de Melide: a falta de voces, principalmente masculinas.
Nos inicios da agrupación, alá polo ano 1982, a maior parte dos coristas non pasaban dos 50 anos. Hoxe, tristemente, ocorre ao revés.
E non só iso. Co paso do tempo, foron moitos os compañeiros e compañeiras que, por diversas causas, abandonaron a Coral, un proxecto que comezou con máis de 70 voces e que agora se sitúa arredor das 30.
Por iso, hoxe máis que nunca, pedimos a vosa axuda.
Melide sempre respondeu á chamada desta Coral, algo polo que estaremos eternamente agradecidos, e agora, unha vez máis, precisámosvos para non deixar de cantar todos xuntos.
Non buscamos grandes voces, senón persoas con ilusión e compromiso que axuden a manter vivo este proxecto que naceu por e para o pobo de Melide.
Se queres unirte á Coral, podes contactar con nós pinchando a palabra CORAL.
Grazas!
A coral na prensa
O xornal Cerne fai eco do proceso de captación de novos membros da Coral Polifónica de Melide.