Como todos os anos, a Coral Polifónica de Melide organiza nas últimas fins de semana do mes de novembro o festival musical de referencia da zona.
Nesta ocasión, correspondeu aos días 9, 10, 16, 17, 23 e 24 de novembro, onde 16 agrupacións/solistas participaron. Esta ocasión foi especial, xa que ademais da lembranza aos pasionistas melitenses e en especial a figura do Padre Jorge, o conservatorio de música profesional de Melide actuou ao completo por primeira vez na historia do certame, `dedicando unha xornada completa a esta organización, que, sen dúbida, é unha peza clave no puzzle musical da comarca Terra de Melide.
Xunto a estes, Os do Medio incorporáronse á familia da Semana da Música, cunha actuación moi aplaudida pola súa naturalidade, tradición e proximidade co público. Ademais, contamos cuns Gaiteiros do Balado mais numerosos, debido a creación da súa escola musical. A Bandiña de Melide incorporou por primeira vez voz no seu repertorio, ou Nadia Sniba, que estivo acompañada na súa actuación por músicos profesionais con violín, guitarra ou baixo.
A directiva da Coral Polifónica de Melide decidiu dedicar esta edición ao Padre Jorge e ao conxunto dos Pasionistas que habitaron no convento melidao de Priorada. A súa vinculación coa vila foi mais alá do relixioso, posto que o labor educativo, recreativo, caritativao xunto ao musical foron aspectos que marcaron a súa traxectoria.
No eido da música, destacou a creación da Escola Cantorum, o grupo musical "Hijas de María" e como peza fundamental, a fundación por medio do Padre Jorge de Froito Novo.
Durante as 3 fins de semana desta edición, fíxose unha profunda exposición da labor que realizaron, en concreto a do Padre Jorge, para mellorar a calidade de vida das xentes da nosa vila e da comarca. Para acceder a maiores contidos sobre esta edición, están dispoñibles nas redes sociais da Coral Polifónica de Melide (enlace ao final da web) e no Facebook de Turismo Melide.
A edición en videos