Música en Melide é unha publicación discográfica en casete realizada nos estudos da Radio Galega no ano 1993. Este disco recolle cantos e música de diferentes grupos da vila melidense: Coral Polifónica de Melide, Os Garceiras, Voces femininas, Fernando Vázquez Arias e, finalmente, a primeira e o último xunto a outras entidades cantando o Himno de Melide.
CANTEMOS TODOS XUNTOS
COS NOSOS DEVANCEIROS
E COAS FUTURAS RAZAS
QUE TRAS DE NOS VIRAN,
UN CANTO QUE A MELIDE
POR SEMPRE GLORIFIQUE
E NOS MANTEÑA UNIDOS
NO ESPIRITO A ESTE CHAN.
APRENDAMO-LO CANTO
DO RIO DE FURELOS,
DO TRAFEGO DAS XENTES
QUE VAN GAÑA-LO PAN,
DO REBUMBIO DAS FEIRAS,
DO VENTO DO BOCELO,
DA PAZ DOS PEREGRINOS
QUE A COMPOSTELA VAN
MELIDE, MELIDE,
TERRA DOS NOSOS PAIS,
POR SEMPRE O TEU NOME
OS TEUS FILLOS CANTARÁN.
MELIDE, MELIDE,
TERRA DOS NOSOS PAIS,
POR SEMPRE O TEU NOME
OS TEUS FILLOS CANTARÁN.
E SE NOS ACOMPAÑAN
DESDE O ALTO DO CASTELO
A NOSA VIRXE DO CARME,
SAN ROQUE E MÁIS SAN PEDRO,
OH TERRA MELIDE,
A TÚA ETERNA MEMORIA
CANTAREMOS POR SEMPRE
NESTE MUNDO E NA GRORIA
CANTEMOS TODOS XUNTOS
COS NOSOS DEVANCEIROS
E COAS FUTURAS RAZAS
QUE TRAS DE NOS VIRÁN,
UN CANTO QUE A MELIDE
POR SEMPRE GLORIFIOUE
E NOS MANTEÑA UNIDOS
NO ESPIRITU A ESTE CHAN.
MELIDE, MELIDE,
TERRA DOS NOSOS PAIS,
POR SEMPRE O TEU NOME
OS TEUS FILLOS CANTARÁN.
MELIDE, MELIDE,
TERRA DOS NOSOS PAIS,
POR SEMPRE O TEU NOME
OS TEUS FILLOS CANTARÁN....
Letra: Ramón Fraga García
Música: Fernando Vázquez Arias
Un día 30 do mes de novembro do 1997, a Coral Polifónica de Melide xunto coa Coral Polifónica de Visantoña e baixo a dirección de Miro Moreira, estreaban na Igrexa Parroquial de Melide a Misa Alemana D-782 de Franz Schubert en galego. Esta composición, que conta con 9 pezas, foi gravada en directo pola Radio Galega e publicada con posterioridade en formato CD.
Entrada
Gloria
Evanxeo e Credo
Ofertorio
Santo
Consagración
Año de Deus
Anexo: A oración do Señor.
Canto final
Baixo a dirección de Valery Moriatov, a Coral Polifónica de Melide realizou no ano.... un disco recopilatorio con varias das cancións mais representativas da entidade ao longo da súa traxectoria.
Dona nobis pacem (W.A.Mozart) Minuto 0:00
Jubilate deo (W.A.Mozart) Minuto 1:50
Vapansiero (G.Verdi) Minuto 4:00
El grillo (J.Despres) Minuto 6:50
Unha noite (F.Curros - T.Alonso - Arranxo de Valery Moriatov) Minuto 9:10
Ay linda amiga (Anónimo) Minuto 13:05
Salió de Jamaica (R.Lafuente - Arranxo de Valery Moriatov) Minuto 14:40
Na bahía ten (P.Brasil) Minuto 19:02
Nobody knows the trouble (Tradicional) Minuto 21:30